Munsee | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá, Estados Unidos de América | |
Rexións: | Hoxe en Ontario, no pasado no Estado de Nova York e Nova Jersey e Pensilvania | |
Total de falantes: | 7-8 (2009)[1] | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino oriental Delaware Munsee | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | umu
| |
Mapa | ||
Mapa do territorio dos lenape cos límites entre o munsee e o unami. | ||
Status | ||
A lingua munsee (tamén coñecido como munsee delaware, delaware, ontario delaware) é unha lingua algonquina falada polo pobo lenape. O munsee é unha das dúas linguas delaware. Está estreitamente relacionada coa extinta lingua unami, pero diferentes abondo como para consideralas linguas diferentes. O munsee era falada no pasado na área da moderna cidade de Nova York, incluíndo o oeste de Long Island, Manhattan e Staten Island, así como as áreas adxacentes do continente: o sueste do estado de Nova York, o terzo norte de Nova Jersey e o nordeste de Pensilvania.[3][4]
No ano 2009, o munsee só era falada na reserva de Moraviantown, en Ontario, Canadá, por sete ou oito individuos de avanzada idade, tendo o máis novo deles 68.[5][6][7] A fala de cada individuo é diferente da dos outros, tendo cada un o seu propio dialecto persoal.[8] Existe un interese crecente entre a mocidade de aprender a lingua.[9][10]